CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 250.000 EUROS

O Concello de Pontevedra aproba as obras de emerxencia do Teatro Principal

Miguel Anxo Fdez. Lores
Miguel Anxo Fdez. Lores
O Concello de Pontevedra aproba as obras de emerxencia do Teatro Principal

Pontevedra, 9 de abril de 226. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, informou hoxe dos principais acordos acadados na Xunta de Goberno Local. Os asuntos de maior calado céntranse na vía de emerxencia para reparar o Teatro Principal e a activación da exposición pública para as obras do río dos Gafos. 

O goberno local aprobou o expediente de emerxencia tras a caída do falso teito do Teatro Principal, cun investimento total de 252.260 euros (IVE incluído) e un prazo de execución estimado de seis meses. O alcalde destacou que os trámites se fixeron nun tempo "récord" e dividiuse a actuación en tres lotes: 

  • Estudos técnicos e levantamento xeométrico, deseño e medidas de seguridade: Adxudicado á consultora técnica Refuerza por 25.000 euros. 
  • Obras de substitución do falso teito: Adxudicado á empresa Construción Ramírez SL por 220.000 euros. 
  • Dirección e execución material (incluíndo memoria técnica): 7.260 euros. 

Perante a previsión de que os traballos se estendan até outubro, Lores indicou que o Concello está a buscar espazos alternativos para manter a programación cultural, trasladando as actividades xa previstas a recintos como o Pazo da Cultura, Mugartegui ou o Museo. 

Avance na renaturalización do Río dos Gafos 

Doutra banda, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou o "último chanzo administrativo" para poder iniciar as obras de renaturalización do río dos Gafos. A partir de hoxe ábrese un período de exposición pública de 15 días hábiles. Se non se presentan alegacións, o contrato asinarase o vindeiro 30 de abril, co obxectivo de comezar as obras a principios do mes de maio. O proxecto, que conta cun investimento global de 4.191.406 euros, foi adxudicado ás empresas "Casas e Covsa" e estrutúrase en dúas anualidades: 2.941.644 euros para 2026 e 1.249.762 euros para 2027. 

Ademais, foi adxudicado o novo contrato do servizo de comunicacións do Concello para os vindeiros catro anos por un importe total de 1.322.499 euros. A principal novidade é a inclusión dunha rede de acceso alternativo vía satélite, adxudicada a Orange España por 40.365 euros, que garantirá o acceso á rede e a salvagarda de datos municipais en caso de caída da rede principal ou de falta de subministración eléctrica. O resto dos lotes distribuíronse do seguinte xeito: 

No ámbito lúdico, o Concello xa licitou a montaxe de liñas e cadros eléctricos para as festas estivais, recaendo os tres lotes na empresa SETGA: 

  • Santiaguiño do Burgo: 46.000 euros 
  • Festas da Peregrina: 103.309 euros
  • Feira Franca: 11.100 euros 
O Concello de Pontevedra aproba as obras de emerxencia do Teatro Principal