CONCELLO E APEC APOSTAN POLA REHABILITACIÓN E COINCIDEN NA NECESARIA PRÓRROGA DO ACTUAL PLAN XERAL

Coincidencia na inconvenencia dun novo Plan Xeral

reunion construcion
reunion co APEC

A patronal da construción coincide co goberno municipal na inconvenencia de aprobar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal para a cidade coa actual lexislación, e aposta xestionando co Plan vixente adaptado ás necesidades actuais.

Coincidencia na inconvenencia dun novo Plan Xeral

A nosa compañeira, Carme da Silva, concelleira de Urbanismo, mantivo a pasada semana un encontro coa xunta directiva da patronal da construción (APEC), encabezada polo seu presidente, José Luís Campos Novo, co propósito de avaliar a situación do sector no concello e fixar novas fórmulas de colaboración que permitan un intercambio fluído de información entre ambas institucións.

Carme da Silva explicoulles a aposta decidida do Concello pola rehabilitación como nicho de mercado un elemento clave para o sector, especialmente en Pontevedra, referente internacional como modelo de cidade. Co próposito de favorecer este proceder, o Concello adopta melloras nos procesos de xestión administrativa que permitan axilizar a tramitación das licenzas.

Segundo explicaron no encontro, APEC detectou no ámbito da rehabilitación un incremento da actividade en Pontevedra, polo que o seu presidente José Luís Campos valorou positivamente a redución dos tempos na tramitación das licenzas.

Na reunión tamén abordaron a situación do Urbanismo en Galiza en xeral, e en Pontevedra en particular, coincidindo na inconveniencia de aprobar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal para a cidade coa actual lexislación, e seguir xestionando co Plan vixente adaptado ás necesidades actuais.

Carmen da Silva reiteroulles a confianza e apoio do Goberno de Pontevedra ás Pemes construtoras da provincia, que constitúen un tecido produtivo esencial na xeración de emprego e no desenvolvemento do territorio. 

Coincidencia na inconvenencia dun novo Plan Xeral