DO 5 AO 23 DE NOVEMBRO

O Concello abre o prazo para que a hostelaría se inscriba no Pontedetapas

Anabel Gulías
Anabel Gulías
O Concello abre o prazo para que a hostelaría se inscriba no Pontedetapas

Pontevedra, 3 de outubro de 2025. O Concello de Pontevedra abríu o prazo de inscrición para que os establecementos hostaleiros da cidade participen nunha nova edición do concurso gastronómico Pontedetapas, que transcorrerá entre o mércores 5 e o domingo 23 de novembro. O certame ten como obxectivo reforzar a marca da cidade e dinamizar tanto o comercio local como o sector da restauración. 

Os bares e restaurantes poderán presentar unha creación para cada unha das tres modalidades existentes: mellor tapa tradicional, mellor tapa creativa e mellor cóctel. 

Premiarase a utilización de produto de calidade e típico da gastronomía galega. En concreto, a mellor tapa tradicional dará prioridade a aquelas propostas inspiradas en receitas tradicionais da cociña de noso, mentres que a mellor tapa creativa valorará a orixinalidade na presentación, nos sabores e na elaboración da mesma. Por último, a modalidade cóctel premiará a mellor proposta de bebida. 

Ademais, de entre todas as tapas e bebidas, o público escollerá mediante votación popular a Tapa Pontevedra que representará á cidade no certame De tapas por Galicia, promovido por Turismo de Galicia, para seleccionar o mellor petisco do país entre os establecementos gañadores das sete cidades. 

Pontedetapas está aberto a todos os locais de hostalaría de Pontevedra que desexen sumarse á iniciativa, cunha cota de inscrición de 60 euros por local. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 6 de outubro e as bases e máis o formulario están dispoñibles nas páxinas pontedetapas.com e visit-pontevedra.com. 

O Concello abre o prazo para que a hostelaría se inscriba no Pontedetapas