Soutomaior instala sistemas de aerotermia en tres das súas instalación municipais

Pablo Garrido e Manu Lourenzo
Pablo Garrido e Manu Lourenzo
Soutomaior instala sistemas de aerotermia en tres das súas instalación municipais

Soutomaior, 3 de outubro de 2025. O Concello de Soutomaior destinou máis de 20 mil euros na instalación do sistema de aerotermia en tres das súas instalación municipais, no campo de fútbol Graciano Padín, no CEIP Manuel Padín Truiteiro e no Pavillón Municipal Alfonso Pazos, instalacións polas que pasan a diario máis de mil persoas.

As intervencións inclúen a substitución das caldeiras de gasoil por un sistema de aerotermia máis eficiente enerxéticamente, con esta intervención está case o 100% a sustitución do gasoil no concello na produción de auga quente. 

En concreto, instalaronse sistemas de aerotermia cun depósito de acumulación auxiliar e dous aerotermos en serie, garantindo así unha temperatura homoxénea de 60 graos no último depósito.

Este sistema foi implementado nos vestiarios destas instalacións municipais. A instalación de auga quente sanitaria utilizará unha bomba de calor que absorbe a enerxía térmica do aire, proporcionando unha solución enerxética eficiente.

Soutomaior instala sistemas de aerotermia en tres das súas instalación municipais