CHAMA A PARTICIPAR NA MOBILIZACIÓN DO 5 DE OUTUBRO
A comunidade palestina en Galiza agradece o apoio do concello de Pontevedra
Pontevedra, 30 de setembro de 2025. A comunidade palestina en Galiza, representada polo Presidente da Asociación Galaico-Árabe Jenin, Sami Ashour, reuniuse hoxe co alcalde de Pontevedra para mostrarlle o seu "profundo agradecemento" polo apoio mostrado desde Pontevedra ao pobo palestino.
Sami Ashou falou de que toda Palestina -incluída Cisxordania- está ao límite, vivindo uns niveis absolutamente disparatados de cruedade e deshumanización, unha situación que, nas súas palabras, supera ao apartheid e “mesmo á ficción”. Nunca nos 77 anos de ocupación o xenocidio de Israel chegou a un nivel de tanta crueldade e brutalidade.
Gaza ocuparía o 1,2% do territorio de Galiza, e que nela vivían 2,3 millóns de persoas -as mesmas que en toda Galiza-. Hoxe, os que sobreviven, viven acinados nun 10% dese territorio, sen auga, sen comida, sen teito…
Os bombardeos sobre a franza de Gaza non cesan nin un minuto. “Máis de 11.000 toneladas de explosivos botáronse xa sobre a franxa, o que equivalen a catro bombas atómicas. E esas bombas chegan de algún lado”, lembrou o portavoz palestino.
Sami Ashour, lembrou que a franxa de Gaza ocuparía o 1,2% do territorio de Galiza, e que nela vivían 2,3 millóns de persoas -as mesmas que en toda Galiza-. Hoxe, os que sobreviven, viven acinados nun 10% dese territorio, sen auga, sen comida, sen medicamento, sen teito…
"Non queremos ser herois, queremos ser persoas normais. Poder comer, ir ao traballo tranquilos, que che atendan nun hospital ou deixar ao neno no colexio e non ter que pensar se o imos a atopar vivo cando volvamos", asegurou.
O Plan de Trump, unha imposición baixo á ameaza de morte
A respeito do 'plan de paz' ofrecido por Trump afirmou que non é un acordo de paz, é un acordo de imposición absoluta. “Ou o tomas ou te matamos", afirmou Sami Ashour, que censura que o “amo do mundo”, pense que "é Deus na Terra”.
Se Palestina non acepta, lamentou Ashour, Estados Unidos ofreceralle a Israel "todos os recursos para acabar a tarefa", é dicir, "matarnos a todos" ou peor "buscar unha fórmula que faga máis dano que matar", tal e como demandou un ministro sionista.
O presidente da Asociación Galaico-Árabe Jenin, lembrou que o primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, "o primeiro que fixo con ese plan sexa coller o boli e tachar o do Estado palestino, modificándoa ao seu antollo”.
Apoio á manifestación do 5 de outubro
Chegados a este punto tan crucial e tan crítico, a comunidade palestina apela á conciencia cidadá para que apoie a mobilización convocada o vindeiro 5 de outubro en Santiago de Compostela.
"Temos que conseguir o apoio de todo o mundo. O pobo palestino necesita axuda", reivindicou Sami Ashour. “Agora é o momento, de que a sociedade presione ao máximo ás autoridades para que fagan algo" e para que Israel deixe de matar, porque tras dous anos dunha "crueldade tremenda" e 77 anos de agresións continuadas a xente de palestina está esgotada.
No caso de Galiza, apuntou Sami, a Xunta "ten que abrir os ollos e ten que escoitar" porque solidarizarse con Palestina "non é de ningunha maneira" facelo con Hamás senón coas 70.000 persoas asasinadas en Gaza, "e que poden ser máis do dobre".
"A historia vainos pór a cada un no seu sitio e vainos a xulgar de verdade", sentenciou o Presidente da asociación palestina.
Pola súa banda, Miguel Anxo Fernández Lores comprometeulle todo o apoio do concello de Pontevedra para tentar parar o xenocidio do pobo palestino