Comeza en Barro unha nova edición do “Espazo Concilia” para axudar durante o verán ás familias que traballan
Barro, 1 de xullo de 2021. O Concello de Barro puxo en marcha unha nova edicicón do “Espazo Concilia”, unha actividade de lecer e educativa que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto e coa que o Goberno municipal quere axudar a conciliar a vida laboral e familiar das nais e pais que traballan.
Esta edición, igual que a do ano anterior, estará marcada polas medidas sanitarias para evitar posíbeis contaxios e conta cun marcado protocolo de actuación que se basea fundamentalmente na creación de pequenos grupos burbulla separados por idades.
Durante o mes de xullo será un total de 80 nenos e nenas as que se derán cita todas as mañás nas intalacións do Pazo da Crega, mentres que no mes de agosto será un total de 50.
O elevado número de solicitudes e a ampliación do aforo por parte da Xunta de Galicia posibilitou que desde o concello se fixese unha ampliación para admitir todas as solicitudes presentadas, co fin de axudar ás familias de Barro.