O colapso no cribado de Arcade provoca indignación na veciñanza

Cribado-ARcade
Xente amoreada agardando o cribado
O colapso no cribado de Arcade provoca indignación na veciñanza

Soutomaior, 3 de febreiro de 2021. O cribado da Covid no centro de saúde de Arcade provocou unha situación sen precedentes con colapsos e aglomeracións de xente agardando para seren atendidas.

A falta de sitio para aparcar, as colas agardando a ser chamados e a choiva fixo que centos de persoas tivesen que amorearse debaixo da carpa mentres agardaban para ser atendidas. Foron moitos os veciños e veciñas que ante esa situación marcharon para casa amosando a súa indignación.

“Levo toda a tarde atendendo a veciñanza que se puxo en contacto con nós para denunciar esta situación intolerábel. Hai varios días que sabiamos que ía chover toda a semana, sabiamos tamén que ese lugar ten uns accesos nefastos, e que estes problemas poderían darse, pero ademais sabemos que a infraestrutura do centro de saúde non era a máis adecuada tampouco para tantos veciños e veciñas de Soutomaior”, sinalou o portavoz do BNG, Manu Lourenzo.  A falta de organización e planificación provocou esta situación lamentábel.  Sabemos que hai concellos onde se fan cribados en coches con absoluta normalidade, ou en lugares habilitados para o efecto pero en Soutomaior nin sequera con esta situación parece que o SERGAS estea á altura das nosas necesidades.

Manu Lourenzo púxose na tarde de onte en contacto co alcalde Agustín Reguera para demandar do SERGAS solucións inmediatas. Temos unha incidencia disparada, de máis de 2000 casos por cada 10.0000, 150 casos activos no concello e esta situación pode provocar un efecto disuasorio na poboación. Por iso esixim s ao SERGAS que solucionen esta vergoña de maneira inmediata e que garantan que as veciñas e veciños de Soutomaior poidan facer un cribado de maneira segura.

O colapso no cribado de Arcade provoca indignación na veciñanza