O CIM de Soutomaior atendeu un total de 610 consultas en 2024
Soutomaior, 28 de xaneiro de 2025. Rosana Martínez Boullosa, concelleira de Igualdade, Cristina García, psicóloga e directora do CIM de Soutomaior e Margarita Taboada, Técnica de Igualdade do CIM, presentaron a memoria da actividade do Centro de Información á Muller do ano 2024, uns datos que deixan patente que este centro é unha prioridade para o goberno municipal.
As consultas realizadas no CIM foron as seguintes: 127 de asesoramento xurídico, 212 atención psicolóxica 15 atención a vítimas de violencia machista e 255 Información de outros recursos de conciliación e outras actividades de igualdade.
Ademais das consultas, realizáronse a solicitude das axudas a todas aquelas mulleres que o demandaron, coma a prestación de pago periódico para vítimas de violencia machista ( 3 solicitudes), prestación de pago único ( 2 solicitudes) ou as estadías de tempo libre. Tamén se tramitaron 2 novas solicitudes de servizo de acompañamento telefónico ATENPRO, para vítimas de violencia machista.
Para favorecer a saúde física, emocional e mental das persoas usuarias do CIM, así como promover os seus hábitos de autocoidado, dentro do Espazo Autocoidado, cun total de 6 obradoiros ao longo do pasado ano, Apoderamento Corporal, Mindfullness, Arteterapia, Autocoñecemento para o cambio, Chan pélvico, e igualdade afectivo-sexual organizados en pequenos grupos, onde participaron 90 mulleres .
No 2024, promovéronse desde o Concello actividades de conciliación, dentro do Espazo Concilia, levándose a cabo catro campamentos para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante períodos non lectivos dos colexios, Semana santa, campamento de verán, artístico e nadal onde participaron un total de 143 nenas e nenos do municipio, cubrindo así todos os períodos non lectivos .
Así mesmo, realizáronse actividades especificas para conmemorar as datas do 8 de marzo e o 25 de Novembro, días internacionais da muller e contra a eliminación da violencia machista, respectivamente.
O espazo redes é un programa de intervención comunitaria para fomentar o tecido asociativo e a creación redes veciñais entre mulleres, en especial de mulleres do rural, do Concello de Soutomaior. Dando a coñecer a importancia da labor das mulleres no rural, dando voz a un colectivo especialmente esquecido. Dentro de este espazo desenvolveuse o programa Enredadas cun total de 6 obradoiros escollidos por cada asociación de veciñas con vogalía da muller ou asociación de mulleres rurais que se desenvolveron nos últimos meses do ano pasado, con máis de 100 participantes.
Ademais, realizáronse unhas 66 actividades dentro da programación anual de Igualdade, entre as que destacan: Encontro anual de mulleres do Concello de Soutomaior, participando cerca de 130 mulleres, Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, Curso formativo para persoal coidador de persoas cunha demencia neurodexenerativa, Punto Lila da festa da Ostra e a Primeira edición de A ORGHULLOSA, 1ª festa das identidades diversas e disidentes.
Mantivéronse e fortalecéronse as estruturas de coordinación como as Mesas de abordaxe integral para fronte a violencia de xénero, e as xuntanzas da Comisión Municipal feminista.
Lembrar que o CIM é o centro de información a Muller que se atopa na rúa Peirao, nº 8 en Arcade, no Centro de Benestar Integrado. Calquera persoa, que así o considere poder facer uso do servizos, chamando o número de teléfono 986701227 para pedir cita previa.