A ZBE DE PONTEVEDRA LEVA ACTIVA DESDE O 1 DE XANEIRO

César Mosquera: Ningún veciño ou veciña notará cambio algún á hora de circular pola cidade após a colocación dos sinais das ZBE"

Mosquera ZBE
Mosquera ZBE
César Mosquera: Ningún veciño ou veciña notará cambio algún á hora de circular pola cidade após a colocación dos sinais das ZBE"

Pontevedra, 19 de decembro de 2023. O edil de Mobilidade, César Mosquera. deu conta este martes da Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos celebrada durante a mañá. Dentro da orde do día figuraba un asunto «do que se quixo facer certa polémica pero que na comisión non tivo lugar», como é a instalación do sinal das Zonas de Baixas Emisións.

Así, o concelleiro explicou e lembrou que as ZBE están definidas na Lei de Transición Ecolóxica e poñía como obriga implantala antes de 2023. Pontevedra leva con ela activa desde o 1 de xaneiro do 2023. «Só tres cidades do Estado español o fixeron en tempo, entre elas Pontevedra (xunto a Madrid e Barcelona)», sinalou. «Agora hai 15, un ano despois do vencimento do prazo».

Mosquera quixo subliñar que a ZBE de Pontevedra leva en funcionamento desde esa data, polo que a instalación do sinal só responde a unha petición da propia DXT que apoiou a aprobación da terceira vía de Pontevedra —sendo as outras dúas pagar por entrar ou usar etiquetas nos vehículos—, polo que «ningún veciño ou veciña de Pontevedra notará cambio algún á hora de circular pola cidade, vaino facer coma leva facendo nos últimos anos».

Os sinais serán colocados coa maior brevidade posíbel, se ben aínda non está definido cantos serán, se ben «será o menor número posíbel».

Na comisión tamén se comentou o posíbel ‘choque’ normativo que vivirán os visitantes doutras cidades e vilas con modelos distintos de ZBE. «É posíbel que haxa un choque, claro; pero como xa pasa agora. A xente de Pontevedra non terá ningún problema xa que non hai ningún cambio. A de fóra? Pois o mesmo que se nós imos A Coruña, ou un de Barcelona vai a unha cidade cunha vía distinta á súa. Terás que informarte a través da web do Ministerio e comprobar esas limitacións. É inevitábel», explicou.

César Mosquera: Ningún veciño ou veciña notará cambio algún á hora de circular pola cidade após a colocación dos sinais das ZBE"