Centos de persoas maniféstanse para esixir a Fracha libre de eólicos

A fracha libre de eólico
A fracha libre de eólico
Centos de persoas maniféstanse para esixir a Fracha libre de eólicos

O domingo 22, coincidindo co Día Mundial da Auga, convocados pola asociación veciñal Chan da Rotea, de Baltar, centos de veciños e veciñas manifestáronse no centro de Ponte Caldelas para mostrar a súa oposición ao proxecto de instalar un parque eólico nun espazo tan emblemático como o monte da Fracha.

A portavoz veciñal, María Conde, condenou “a conivencia da Xunta con este proxecto, a pesar de que conta coa oposición da Comunidade de Montes, propietaria dos terreos, da asociación veciñal e dos concellos de Ponte Caldelas e Pontevedra, que presentaron alegacións”, e animou ás veciñas e veciños a seguir traballando “pola defensa do monte e da auga”. “Estamos dispostas a seguir, ata onde nos obriguen, se non recúan nos seus intereses”, afirmou.

A manifestación contou cunha nutrida participación do BNG, entre as que estaban representantes institucionais dos concellos de Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Cerdedo-Cotobade, así como o responsábel de medio ambiente do grupo parlamentar do BNG, Luís Bará, a senadora, Carme da Silva, e a responsábel comarcal do BNG, Ana Peralba.

Centos de persoas maniféstanse para esixir a Fracha libre de eólicos