Castelao volve a Santa María

Castelao volve a Santa María

A escultura de Buciños que fóra separada do seu pedestal co gallo das obras da Avenida de Santa María, volve hoxe ao seu lugar de orixe logo de pasar algún tempo nas proximidades do Museo de Pontevedra.

 

A peza metálica que se trasladara á zona da rúa Laranxo fora orixinariamente concebida para formar parte do conxunto no que se asentaba previamente, enriba dunha base que lle aporta altura e que ten inscrita unha frase que lle dá sentido ao conxunto, razón pola que agora se restaura en Santa María, moi perto do seu lugar orixinal.

Na zona do Museo na que estivo a escultura este tempo será instalado un medallón de bronce coa autocaricatura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, para lle dar sentido ao texto inscrito no pavimento alusivo á figura do insigne político nacionalista.

Castelao volve a Santa María