A carreira popular da Festa do Viño de Barro encara a segunda edición buscando consolidarse no calendario deportivo

A carreira popular da Festa do Viño de Barro encara a segunda edición buscando consolidarse no calendario deportivo

Barro, 13 de xuño de 2024. O Concello de Barro e o Club de Atletismo +9 poñen a marcha a segunda edición da Carreira Popular da Festa do Viño de Barro, unha proba deportiva que se estreou o ano pasado no calendario de atletismo e que deixou un gran sabor de boca entre as ducias de participantes.

O distancia da categoría absoluta será de 10 quilómetros, cun percorrido deseñado para gozar da paisaxe e do entorno natural e patrimonial de Barro. Haberá un total de 14 categorías, nas que participaran cativos a partir dos 3 anos de idade.

Esta actividade está englobada dentro da programación da XLV Festa do Viño de Barro e celebrase durante a mañá o domingo 23 de xuño.

As inscricións e a consulta do regulamento pode facerse a través da páxina web www.galitimming.com.

A carreira popular da Festa do Viño de Barro encara a segunda edición buscando consolidarse no calendario deportivo