A campaña “2x1” do concello de Pontevedra anima a mercar no comercio local
Aproveitando o inicio do Nadal, o Concello de Pontevedra puxo en marcha unha campaña de promoción e visibilización do comercio local para que os cómplices e paxes do Apalpador, Papá Noel e dos Reis Magos fagan as súas compras no concello.
A campaña leva o título « 2x1 Cada agasallo mercado no comercio local de Pontevedra vale por dous » porque fai feliz á persoa que recibe o agasallo e mellora a economía de toda a cidade. A Concellaría de Promoción da cidade que xestiona Anabel Gulías iniciou a campaña cunha distribución de cartelería nos establecementos comerciais e de folletos en todo o concello. En concreto, distribúesen 27.000 flyers oficiais da campaña en todas as vivendas de Pontevedra, tanto no casco urbano como nas parroquias a través do servizo de Correos. Mercar no comercio local ten todo vantaxes: é máis económico, cómodo e axuda a persoas autónomas e pequenos comercios que fan que Pontevedra sexa unha cidade viva e marabillosa para vivir e visitar.
Esta campaña de visibilización do comercio local refórzase con actividades en todos os barrios cun programa que leva por título « Merca no barrio ». Comezará a partir do día 16 de decembro en toda a cidade.
O Mercado de Abastos tamén está incluído na campaña ao incluír o Mercado creativo e o Ganapán que comezan a súa actividade o 22 de decembro.
No barrio da Parda e na rúa San Antoniño haberá unha acción singular e experimental para dinamizar as compras nestes barrios.