Caldas de Reis, segue consolidándose como referente do deporte na comarca ao acoller tres etapas da EPIC RACE
Caldas, 5 de xuño de 2024. Caldas de Reis será esta fin de semana o centro dunha proba deportiva con gran tirón nos últimos tempos: a EPIC RACE, un evento MTB que permitirá percorrer algunhas grandes para- xes naturais da vila termal e do resto da provincia. A proba visitará o concello caldense en tres das súas sete etapas, o que fará que o municipio sexa o principal protagonista desta nova edición do evento de ciclismo de montaña, que no último anos moveu a máis de 200 participantes.
O tenente de alcalde e responsable de Deportes Manuel Fariña subliñou que a mestura de eventos relacionados co deporte, turismo e natureza “é o que coloca a Caldas de Reis como un dos princi- pais referentes deportivos da provincia”. Destacou que o Concello quere seguir a impulsar a vila como destino turístico deportivo e cultural acollendo probas de modalidades deportivas en auxe, e sinalou que a Epic Race “encaixa perfectamente nesta estratexia municipal e por iso apoiamos o evento”.
Por este motivo, o nacionalista manifestou a súa esperanza de que a proba siga medrar e siga a contar con Caldas de Reis moitos anos máis: “Lanzo a luva: seguide a contar con Caldas de Reis e nós seguiremos poñendo a Caldas de moda e no centro do deporte e da provincia de Pontevedra”, destacou.
O tenente de alcalde Manuel Fariña destaca o apoio do Concello á proba MBT por “encaixar perfectamente na estratexia municipal ao mesturar deporte, turismo e natureza"
Fariña apuntou que a Epic Race pasará durante esta fin de semana por lugares “tan icónicos da vila como a contorna do río Umia, o xardín botánico de Caldas -que ten especies dos cinco continen- tes- e a carballeira, nada máis e nada menos que é a única de Galiza declarada Ben de Interese Cultural”.
A terceira etapa da Epic Race será Vilagarcía-Caldas, e terá unha lonxitude de 35 quilómetros nos que se poderá divisar a ría de Arousa dende os seus balcóns. O monte Xiabre mandará nesta eta - pa, sen excesivas dificultades técnicas e cunhas vistas espectaculares e unha baixada final “que nos obriga a trazar cada curva con agarimo, gozando ao máximo dunha paraxe de ilusión”, subliña a organización.
A cuarta etapa será Caldas-Caldas e terá 36 quilómetros. Está bautizada pola organización como “o paraíso da auga”, xa que os ríos galegos regalan “unha sorte de paisaxe espectacular”. Sendas, ca- miños e baixadas polo monte Xesteiras, as marxes dos regachos e, o gran protagonista, o Río Umia, conforman a contorna dunha etapa que “é un goce continuo; onde se alternan os camiños amplos e rodadores coas sendas retortas e a navegación polos núcleos”.
A quinta etapa será Caldas –O Taboleiro, con 40 quilómetros, denominada “Buscando o Sur”, que arrinca por tramos en subida, pero sen máis complicación que a navegación, para despois entrar nos primeiros bosques e gañar vistas sobre ríos e vales interiores Pontevedra.
Fariña insiste en que o Concello seguirá a colaborar coa EPIC RACE e outros eventos deportivos se- mellantes tanto por ser fonte de saúde, como tamén un gran dinamizador económico que terá re- percusión inmediata no concello nos días da proba. “Ademais, a medio e longo prazo sabemos que a boa imaxe de Caldas vai quedar na cabeza das e dos participantes, que despois estamos seguros de que quererán repetir a súa visita fomentando o turismo. Queremos reivindicarnos como unha vila atractiva e dinámica referente para o deporte e o turismo deportivo”, subliñou.