O BNG urxe á Xunta a apoiar e non penalizar ao Clube Mariño A Reiboa, de Combarro
6 de xullo de 2021. O BNG pedíu hoxe no Parlamento que a Xunta apoie aos clubes de embarcacións tradicionais como A Reiboa de Combarro, xa que “fan un impagábel labor cultural e social”.
O BNG, afirmou o deputado nacionalista, considera que este labor debe ser premiado pola administración e non penalizado. Neste sentido “reclamamos o cumprimento do acordo unánime do Parlamento Galego do pasado 16 de marzo no que se decía que deben manterse as condicións de autorización de ocupación do pantalán de embarcacións tradicionais, que ven usando o clube mariño A Reiboa no peirao da Chousa, en Combarro desde 2011”, eximindo, polo tanto a este clube do pagamento da taxa ou que esta sexa bonificada no máximo legal.
Luís Bará lembra que o Parlamento aprobou en marzo unha iniciativa para eximir de taxas aos clubes de embarcacións tradicionais ou bonificalos ao máximo legal
Nestes momentos, afirmou o deputado nacionalista, estase tramitando a renovación da autorización da concesión do pantalán, e Portos de Galiza está utilizando como chantaxe o pagamento das taxas correspondentes dende o ano 2017 ao 2021. Estas taxas están recorridas pola Asociación e, en todo caso, están sometidas a bonificacións dun máximo legal do 90%.
Actualmente Portos reclamou o pagamento da taxa X5 por máis de 4.200 euros, o que pon en risco a continuidade do Clube A Reiboa e o seu labor de conservación e divulgación do patrimonio marítimo, ademais das actividades de inclusión social como o programa “Sentir o mar” dirixido a colectivos con diversidade funcional.
Bará urxe á Presidenta de Portos a que manteña unha actitude de sensibilidade e diálogo, atendendo as xustas reclamacións de A Reiboa
Desde o BNG censuramos o “afán mercantilista e recadatorio de Portos”, que non se pode aplicar a colectivos como A Reiboa que fan un labor altruísta e desinteresado, un traballo “que debe ser premiado e non penalizado pola Xunta. Por este motivo reclamamos hoxe a Portos, mediante unha pregunta parlamentar á súa presidenta, unha “actitude de sensibilidade e de diálogo para resolver esta cuestión de maneira positiva e satisfactoria, atendendo á reclamacións do Clube Mariño A Reiboa de Combarro