O BNG urxe o remate do vial Palleiros-campo de fútbol de Tenorio e a mellora de A Coutada, en Augasantas

Ernesto Filgueira
Ernesto Filgueira
O BNG urxe o remate do vial Palleiros-campo de fútbol de Tenorio e a mellora de A Coutada, en Augasantas

Cerdedo-Cotobade, 21 de xuño de 2024. O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, levou ao pasado pleno municipal unha iniciativa consensuada coa veciñanza afectada para rematar coas obras de ensanche nos treitos que quedaron pendentes de executar tanto no vial que une Rascadería e Palleiros co Campo de Fútbol de Tenorio coma na estrada que une A Coutada coa PO-235 (Aguasantas-Ponte Caldelas). 

O BNG, logo de consensuar a iniciativa coa propia veciñanza, demandaba  o ensanche, asfaltado e medidas de seguridade na estrada que vai de Rascalleira-Palleiros ao campo de fútbol de Tenorio, unha estrada que foi obxecto de mellora dentro do Plan Concellos da Deputación para os anos 2022-2023, cun investimento de máis de 36.000 euros e unha subvención da Xunta de perto de 48.000 euros. Nesta estrada, incomprensíbelmente, quedou sen executar un treito de 200 metros.

Ernesto Filgueira: “O voto en contra do PP non vai contra o BNG senón contra todos os veciños e veciñas de Tenorio, Almofrei, Valongo e Augasantas” 

Outro punto problemático do viario municipal é a estrada de A Coutada, en Augasantas, que precisa con urxencia unha reposición do firme para eliminar as fochancas e conseguir unha circulación segura e tranquila.

Por desgraza, o PP, co seu alcalde á cabeza, votaron, como é habitual en contra das iniciativas do BNG que buscaban solucións a demandas da propia veciñanza. “Non é entendíbel que Cubela e o PP voten sistematicamente en contra das propostas do BNG, porque con isto non vai contra o BNG senón contra todos os dos veciños e veciñas de Tenorio, Almofrei, Valongo e Augasantas, que ven como os seus camiños se deterioran ante a pasividade e deixadez do goberno municipal que fai ouvidos xordos ás súas demandas, afirmou o portavoz nacionalista

O BNG urxe o remate do vial Palleiros-campo de fútbol de Tenorio e a mellora de A Coutada, en Augasantas