O BNG traslada ás ANPAS do Concello de Poio as esixencias presentadas para un inicio de curso con garantías sanitarias
Poio, 16 de setembro de 2020. O deputado do BNG, Luís Bará, e representantes da agrupación local de Poio mantiveron un encontro onte á tarde con representantes das Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) do concello de Poio para trasladarlles as peticións que se lle fixeron á Xunta de Galiza reclamando un fondo para cubrir os gastos extraordinarios dos comedores e das actividades de conciliación.
Desde o BNG apostamos por un protocolo claro e consensuado con toda a comunidade educativa nas actividades lectivas e non lectivas que garantan un inicio de curso con garantías sanitarias. Non se pode consentir o traslado de responsabilidades que se está facendo desde a Xunta de Galiza ás ANPAS, aos equipos directivos e mesmo aos Concellos, que son os que están asumindo os gastos derivados das labores de desinfección.
Sendo conscientes dos problemas que xenera o protocolo aprobado pola Xunta, que en ningún momento tivo conta as consecuencias que provocará nas familias que as ANPAS non poidan asumir os servizos de comedor e Plan Madruga; Luis Bará trasladoulles aos representantes das ANPAS que o BNG xa reclamou da Xunta de Galiza un fondo para cubrir os gastos extraordinarios dos comedores e actividades de conciliación por mor da pandemia da Covid-19.
Para colaborar nun inicio de curso seguro o BNG lembra que son os Concellos os que están asumindo as labores de desinfección que deberían ser asumidos pola Xunta de Galiza. Sen embargo, e perante a súa falta de resposta, os Concellos asumen a responsabilidade da actuación.
Dende o BNG reclamamos que a Xunta asuma os gastos das Administracións locais e seguiremos esixindo que se teñan en contas as necesidades que nos trasladan desde os centros educativos de Poio, máis se cabe neste contexto de incerteza e de cambios de última hora no que nos atopamos.