O BNG-Soutomaior denuncia retrasos nas axudas para o transporte escolar

arcade-2
Manu Lourenzo, Portavoz municipal do BNG en Soutomaior

O BNG de Soutomaior denunciou no pasado pleno un retraso inxustificado de máis de un mes nas axudas para o transporte escolar. A pesar de que o goberno local do PP anunciou que ía sacar as bases hai máis de tres meses, estas non saíron convocadas ata o día 7, xusto un día despois de que o BNG fixera esta denuncia no pleno.

O BNG-Soutomaior denuncia retrasos nas axudas para o transporte escolar

O BNG de Soutomaior denunciou no pasado pleno un retraso inxustificado de máis de un mes nas axudas para o transporte escolar. A pesar de que o goberno local do PP anunciou que ía sacar as bases hai máis de tres meses, estas non saíron convocadas ata o día 7, xusto un día despois de que o BNG fixera esta denuncia no pleno.

Nese sentido o voceiro nacionalista, Manu Lourenzo,sinalou que “hai xa un mes que empezou o curso e as mozas e mozos de Soutomaior levan en moitos casos, dende o día 1 de Setembro tendo que facer uso do transporte escolar e pagándoo do seu peto”. 

Así mesmo, Lourenzo sinalaba que “setembro é un mes tremendamente difícil para as familias que teñen que sufragar todos os gastos de principio de curso. Uns gastos que dende que goberna o PP son cada ano maiores. O retraso inxustificado nas bases fai que as familias teñan que asumir uns gastos en transporte que en moitos casos sobrepasa os 60 euros ao mes por alumno. Non se entende que o PP faga este anuncio hai máis de tres meses e que un mes despois de empezar o curso as familias de Soutomaior teñan que estar asumindo os gastos de transporte nun momento no que as economías familiares atravesan un momento moi difícil. 

Xusto no día seguinte a que o BNG fixera esta denuncia no pleno, o goberno local facía públicas as bases para estas axudas. A sensación é a de ter que estar todo o día detrás deles para que fagan o seu traballo, sinalaba Manu Lourenzo. Tivemos que levar  o asunto ao pleno para que o goberno local do PP se decate de que hai un mes que empezou o curso e que as familias non dispoñen das axudas para transporte.Con este retraso, o que conseguiu o grupo de goberno é que as familias non poidan dispoñer das axudas ata practicamente o mes de novembro. “Pagámoslle ao grupo de goberno para que traballen, e a vista está que non o fan”, concluía o voceiro nacionalista.

Axudas para material escolar

Dende o BNG tamén preguntaron no pleno pola axudas para material escolar. Os nacionalistas denunciaron que o PP sacou unhas bases para as axudas en material escolar  que levan fracasando durante anos e que fai que nin sequera se gaste a totalidade da partida destinada.  O grupo do BNG denunciou no pleno que a pesar de que o ano pasado o goberno local se comprometeu a consensuar unhas bases, Agustín Reguera volveu a mentir e sacou as mesmas bases que levan fracasando ano tras ano. Soutomaior debe ser o único concello do mundo no que os nosos veciños non precisan axuda para material escolar e que non piden a totalidade das axudas ofertadas. Unha de dúas ou os veciños teñen unha economía esplendorosa que fai que non se gaste nin sequera a partida ofertada ou o PP está facendo algo mal, e se nega a rectificar”.

O BNG-Soutomaior denuncia retrasos nas axudas para o transporte escolar