O BNG rexistra unha iniciativa para a mellora do multiusos de Arcade

soutomaior-manu2
Manu Lourenzo

O actual deseño do multiusos está a provocar problemas á veñanza,  como que non se poidan proxectar películas durante o día.

O BNG rexistra unha iniciativa para a mellora do multiusos de Arcade

O grupo municipal do BNG rexistrou unha iniciativa para solucionar os continuos problemas que está a haber no multiusos de Arcade. Estes problemas xorden porque o edificio do multiusos foi deseñado cunha característica que o fai diferente ao resto dos auditorios, e é que está rodeado por máis de 10 ventanais de 2 metros cadrados cada un, sen ningún mecanismo para protexer o auditorio dos efectos do sol, nin para escurecelo. Esta realidade fai que ademais de producirse un efecto invernadeiro que provoca temperaturas extremas no verán, non hai posibilidade de facer proxeccións ou iluminacións dos espectáculos durante o día, xa que a luz que entra polos ventanais condiciona calquera espectáculo que se realice no salón de actos.

Esta peculiar característica provocou diferentes situacións no multiusos de Arcade, dende temperaturas abafantes nuns actos, ata proxeccións audiovisuais que non puideron realizarse durante do día facendo que o público asistente tivese que esperar ata dúas horas a que se fixese de noite.

Pero o  anecdotario de situacións esperpénticas que provocou esta peculiaridade do multiusos de Arcade, acadou o extremo cando hai escasas semanas o edificio tivo que ser literalmente empapelado con plásticos negros para que os escolares de Soutomaior puidesen ver unha película en horario de mañá.

A este respecto o voceiro municipal do BNG, Manu Lourenzo sinalou que esa imaxe do multiusos remendado con plásticos representa á perfección a xestión cultural do PP. O verdadeiro problema non é de exceso de luz, senón da falta de luces que amosaron políticamente os responsables desta situación. Levamos pagando unha dedicación exclusiva a unha concelleira de cultura dende hai 2 décadas, e este é o resultado. Os feitos falan por si sós".

Ademais, na moción rexistrada polo BNG tamén solicitan que se retiren as reixas que cercan o centro cultural. Entendemos que a cultura debe ser un espazo aberto á veciñanza e integrado na vida das persoas.Un elemento fundamental na vida das persoas que axude ao enriquecemento artístico e social e non unha mera excusa para o enriquecemento persoal dunha liberada do PP. Ter un espazo de cultura enreixado é algo que amosa abertamente o concepto de cultura que hai no goberno local. concluíu.

O BNG rexistra unha iniciativa para a mellora do multiusos de Arcade