O BNG propón a construción dun novo centro de saúde en Soutomaior
Soutomaior, 28 de decembro de 2020. O grupo municipal do BNG propuxo o pleno municipal a construción dun novo centro de saúde no concello de Soutomaior. No pleno, que se realizou de xeito telemático, abordouse a modificación puntual do PXOM para a amplicación do centro de saúde de Arcade.
A este respecto o portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que “o que nos está a propoñer o Partido Popular é a modificación puntual do PXOM para que amplien o centro de saúde sen construír nin unha soa praza de aparcamento nun lugar onde hai sempre problemas para aparcar. Isto lonxe de solucionar os problemas non é máis que unha nova cortina da fume para tapar o verdadeiro problema da sanidade de Soutomaior que é o da falta de médicos e dun centro de saúde que vertebre a atención sanitaria para toda a veciñanza
Manu Lourenzo destacou que "Soutomaior precisa dun novo centro de saúde que estea dotado de máis persoal médico e dea servizo tanto a Arcade como a Soutomaior. Un centro dotado coas prazas de aparcamento necesarias e cos servizos médicos que debe ter un concello coma o noso. Pero pola contra o PP continúa a marear a perdiz na Xunta, e o goberno local a facerlle o xogo á Xunta de Galiza nunha estratexia que non soluciona os problemas da xente".
Enmendas aos Orzamentos
A este respecto Manu Lourenzo sinalou que o "dende o BNG vimos de rexistrar unhas enmendas ao orzamento da Xunta na que pedimos a construción dun novo centro de saúde e que se dote o noso concello dos médicos que precisamos. Mentres outros seguen a marear a perdiz nós traballamos pola nosa sanidade pública e por iso en tres semanas o PP terá que decidir se aproba a proposta do BNG de construír o novo centro de saúde e de termos máis persoal médics en Soutomaior, ou se pola contra seguirá coa súa política de desprezo á nosa veciñanza".