O BNG presenta as súas propostas ao proxecto da A-57 en Curro

O BNG presenta as súas propostas ao proxecto da A-57 en Curro

Xoves, 4 de abril de 2013. O BNG presentará hoxe nunha reunión de todas forzas políticas e colectivos veciñais Barro, as súas propostas para unha alegación conxunta contra a alternativa escollida polo ministerio de Fomento para enlazar a A-57 co macronó de Curro.

As propostas do BNG parten da base que a alternativa elexida por Fomento, a alternativa 3, é a que causa maior estrago xa que suporía construir unha autovía polo medio da zona urbana, no punto de tráfico máis sensíbel de toda a parroquia de Curro, ademais de atravesar todo o val.

Esta alternativa, polo tanto, entra en total contradición e botaría por terra todas as iniciativas das forzas políticas e sociais para humanizar a zona e lograr unha mellor convivencia entre o tránsito peonil e o rodado.

A alternativa 3 suporía ademais anular o treito da PO-531 entre a rotonda da igrexa de o macronó, de xeito que todo o tráfico o tráfico da PO-531 tería que volver pasar pola estrada vella de Outeda.

Para o BNG a alternativa máis sensata sería a número 5, xa que é a menos agresiva tanto para a zona urbana como para zona agraria de Curro. Iso si, o BNG considera que se debe o novo enlace que propón da AP-9 coa A-57, e facelo no mesmo macronó, evitando deste xeito o impacto sobre propiedades agrarias e producindo, ao mesmo tempo, un importante aforro económico.

 

O BNG presenta as súas propostas ao proxecto da A-57 en Curro