VENRES 22 DE XULLO ÁS 21.00 H. NO PARQUE DO RÍO DE GOLDAR (BRIALLOS)
O BNG de Portas organiza un acto público en Briallos con motivo do Día da Patria Galega
Portas, 19 de xullo de 2022. O BNG de Portas organiza o vindeiro venres 22 de xullo un acto aberto para analizar a complicada situación política actual, tanto de Galiza como de Portas.
O Día da Patria Galega é para o nacionalismo un día para celebrar que somos galegos e galegas, que temos unha cultura e unha lingua propias e que somos unha nación.
No acto tamén se analizará a delicada situación política que está padecendo nestes intres a veciñanza de Portas cun goberno municipal esgotado e sen ideas, incapaz de pensar na Portas do futuro e sen ganas para mellorar a vida das veciñas e veciños de Portas.
O acto contará coa participación de Arturo Fontán, concelleiro e voceiro do BNG na localidade, con Nolo González, membro do BNG de Portas, e con Carme da Silva, concelleira en Pontevedra e membra da Executiva Nacional do BNG, e celebrarase no parque do río de Goldar, na parroquia de Briallos, ás 21:00 horas.