A PROPOSTA DO PP É REBAIXALAS A UN 40% PARA AS FAMILIAS CON TRES FILLXS

O BNG de Poio propón que as bonificacións do IBI ás familias numerosas continúe a ser do 50 %

grupo poio
grupo poio
O BNG de Poio propón que as bonificacións do IBI ás familias numerosas continúe a ser do 50 %

Poio, 24 de setembro de 2024. O BNG emendará a proposta do goberno municipal para bonificar o IBI ás familias numerosas, ao considerala incompleta e lesiva para as perto de 200 familias con tres fill@s que viven en Poio, e que supón o 92% do total de familias numerosas do municipio.

As familias numerosas con tres menores a cargo, que supoñen o 92% do total en Poio, terían que pagar un 10% máis coa proposta do PP

"Segundo a proposta presentada polo grupo de goberno do PP, as familias con tres fill@s a cargo a bonificación do IBI pasaría do 50% ao 40%, ou, o que é o mesmo, esas familias numerosas , que representan o groso das que existen no municipio, pasarían a pagar un 10% máis que na actualidade", afirma a portavoz nacionalista, Marga Caldas.

O BNG de Poio propón que as bonificacións do IBI ás familias numerosas continúe a ser do 50 %