O BNG de Poio apoia as demandas do sector da hostalería e o comercio
Poio, 27 de novembro de 2020. O BNG de Poio, tras manter unha reunión de urxencia cando se decretou o peche perimetral co sector da hostalería poiense, volve recalcar o apoio ás demandas de dito sector e trasladará as mesmas ao Parlamento de Galicia a través do seu deputado Luis Bará. É o momento dun plan de rescate para todos os sectores afectados polos peches e restricións, que están nunha situación dramatica.
Coas restricións de mobilidade decretadas hai case un mes pola Xunta de Galiza, o sector atopouse cunhas consecuencias devastadoras tendo que asumir os gastos da súa actividade e non podendo solicitar un novo ERTE ata que o goberno autonómico decidíu decretar o peche do sector.
Agora, co peche decretado, a hostelería reclama que se axilicen ao máximo as axudas prometidas polo goberno galego e non queden unicamente nun anuncio nos medios de comunicación.
Pola contra, o BNG no Concello foi quen de chegar a un acordo coas hosteleiras e hosteleiros de Poio, aprobalo por unanimidade no Pleno e facelo extensíbel ao ano 2021
Ademáis, desde o Concello de Poio, apostamos tamén por manter as exención de pago da taxa de terrazas daquelas que se atopen en terreos de titularidade municipal e á sua vez a exención de pago do alugueiro dos quioscos municipais mentres permanezan pechados, tal e como se fixo no primeiro confinamento do ano.