MANUEL FARIÑA DENUNCIA A INCAPCADIDADE DE XESTIÓN DO ALCALDE

O BNG mantén a man tendida para a ampliación do IES Aquis Celenis

Caldas-IES aquis celenis 2021-02-11 at 12.25.16
O BNG mantén a man tendida para a ampliación do IES Aquis Celenis

Caldas de Reis, 15 de febreiro de 2021. A ampliación do IES Aquis Celenis é un proxecto estratéxico absolutamente fundamental para o desenvolvemento de Caldas, polo investimento que suporía e polas novas oportunidades que abriría para os mozos e mozas que se benficiarían da nova oferta educativa. Un proxecto polo que calquera goberno serio debería loitar e facer todo o posíbel para poder levalo a bo porto. Mais parece que, lamentabelmente, este non é o caso de Caldas.

“O alcalde pode tentar tapar a súa propia incapacidade para xestionar os grandes proxectos de futuro para Caldas enredando coa Xunta e co PP durante décadas. Pero o que a veciñanza non esquece nin perdoa é que esa incapacidade supoña a perda de investimentos e oportunidades” afirmou Manuel Fariña.

Corría o mes de febreiro de 2019 cando a daquela conselleira, Carmen Pomar, e o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, anunciaban a ampliación do IES Aquis Celenis. Unha ampliación para a que o concello debería poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios pola linde leste (cara a Segade), por considerarse os máis axeitados. Sen embargo, malia contar coa man tendida do BNG e cos fondos necesarios para mercar estas parcelas (logo da aprobación dos orzamentos municipais do ano 2020), o alcalde e o seu equipo de goberno decidiron romper unilateralmente os compromisos adquiridos.

“O BNG terá sempre a man tendida para avanzar na ampliación do IES Aquis Celenis, e na mellora da calidade e da oferta da nosa educación pública. Agardamos que o goberno municipal colla esa man tendida e poidamos levar a bo porto este importante proxecto” sentenciou o portavoz municipal do BNG.

Parece pois, que o PSOE opta por enredar coa Xunta afirmando que sería a propia administración autonómica a que non se concedería permiso a si mesma para ampliar o IES nuns terreos que ela mesma pediu, un autentico sinsentido co que pretenden tapar a súa propia incompetencia.

Quizais o alcalde e o seu equipo de goberno deberan escoitar algo máis á comunidade educativa, que lles recordaba que a ampliación en altura melloraría algo a situación actual, pero que non permitiría a implantación de ciclos formativos como se pretende.

O BNG mantén a man tendida para a ampliación do IES Aquis Celenis