O BNG insta a Cubela a garantir que a fibra óptica chegue a todo o Concello
Cerdedo-Cotobade, 22 de febreiro de 2024. “Contar cun bo servizo de fibra óptica que chegue a a toda a poboación é fundamental para un concello rural coma o noso, tanto polo que implica para os negocios como para o propio lecer do vecindario, e non é de recibo que estea tardando tanto. Estamos á cola da provincia”, afirmou o portavoz do BNG, Ernesto Filgueira.
Son moitos os lugares que a día de hoxe carecen dunha fibra que o alcalde prometera que estaría instalada e en funcionamento o pasado ano para o 100% da veciñanza. Lugares que urxen un servizo que a día de hoxe é imprescindíbel.
Malestar na veciñanza de Almofrei, a instalarse unha soa caixa con 16 enganches para 74 vivendas
O pasado ano o señor Cubela asistíu a unha reunión veciñal en Almofrei, acompañado por unha comercial de Movistar, na que arredor de 60 veciños e veciñas fixeron a presolicitude para a colocación da fibra. Non obstante, a día de hoxe existe un certo malestar entre a veciñanza xa que para 74 casas só se instalou unha caixa con 16 enganches na entrada do lugar da Fontenova, mentres que, ao seu carón, no lugar de Vilanova, cunha poboación similar, instaláronse varias.
“Queremos saber a que se debe que só se instalasen 16 enganches para 74 casas, e instamos ao alcalde a que garantice a cobertura de fibro ao 100% das veciñas e veciños de Almofrei e de todos os lugares que aínda carecen do servizo de fibra”, concluíu Filgueira