O BNG fará unha campaña ligada aos problemas reais da sociedade, á necesidade de viver do noso traballo e á loita por un mundo en paz
Pontevedra, 23 de maio de 2024. O candidato número 2, Bieito Lobeira, acompañado de cargos institucionais e orgánicos do BNG, declarou que “o BNG está no mellor momento da súa historia e pretendemos, nesta campaña, trasladar á sociedade cal é nosa idea da Unión Europea, cales son as alternativas que defendemos”.
O candidato nacionalista afirmou que frente a esta campaña explicativa e propositiva, “intuimos enlamada e que non vai tratar os problemas reais da sociedade”. Neste sentido afirmou que “non é razonábel que o debate nos medios públicos galegos sexa un día laborábel ás 10 da mañán".
Bieito Lobeira afirmou que o PP vai facer unha política enlamada contra o BNG, na que non abordará os problemas reais e para o que utilizará ao seu favor os medios de comunicación públicos
O BNG -afirmou- va facer unha campaña “ligada aos problemas reais da sociedade, á reinvindicación de poder vivir do noso traballo frente ás limitacións e restricións da Unión Europea, e á defensa dun mundo en paz. Un mundo onde a Unión Europea non estea ligada á política armamentística e belicista senón á defensa da paz, a comezar polo dereito do pobo palestino a viver en paz e sen medo na súa propia terra”.
Para o BNG, o que nos xogamos nestas eleccións é unha voz galega, forte, libre, sen intermediarios, sen lle pedir permiso a Madrid ou a Bruxelas para defender os nosos intereses. “Precisamos esa voz, que xa estivemos tendo na última lexislatura con Ana Miranda, e confiamos en que o 9 de xuño poidamos demostrar que o noso é un pobo digo”, concluíu Lobeira