O BNG exíxelle ao SERGAS que cubra de inmediato  a baixa dunha facultativa de Anafáns e Combarro 

FOTO SANIDADE
FOTO SANIDADE
O BNG exíxelle ao SERGAS que cubra de inmediato  a baixa dunha facultativa de Anafáns e Combarro 

Poio, 30 de novembro de 2020. O BNG e o Concello de Poio exixen de novo que a Consellaría de Sanidade tome as medidas necesarias para dotar de persoal e garantir unha atención sanitaria presencial nos centros de saúde de Poio.

Actualmente a Xunta non está cubrir a baixa dunha facultativa que atende Anafáns e Combarro, o que está a provocar que o seu cupo de pacientes quede sen atender, que a lista de agarda supere os 20 días para unha primeira cita telefónica e que as urxencias sexan derivadas ao PAC da Parda ou ao 061.

O BNG denuncia a actitude do SERGAS ao non cubrir as baixas, máxime cando Poio xa é de por si o concello con pior ratio médic@s/pacientes de toda a comarca. A situación é dramática, cun evidente deterioro da atención primaria, a pesar de que é esencial para a vixianza epidemiolóxica, a identificación e seguimentos de casos e para atender as distintas doenzas da poboación.

Na loita contra a COVID a atención primaria é vital, e pese a iso persisten en manter ao persoal afogado e desbordado, con colas nos centros de día, cos teléfonos colapsados e sen presencialidade.

Denuncia á Valedora do Pobo

O BNG de Poio levou o tema á Valedora do Pobo, despois de que desde o goberno galego sega sen respostar ás seis demandas unánimes do pleno do concello para que a Consellaría solucione dunha vez por todas as graves deficiencias da sanidade pública en Poio

O BNG exíxelle ao SERGAS que cubra de inmediato  a baixa dunha facultativa de Anafáns e Combarro