O ACONDICIONAMENTO ESTÁ PENDENTE DESDE O ANO 2009

O BNG esixe a Portos que se deixe de parches e acondicione dunha vez por todas os portos de Raxó e Covelo

20210117_131741
O BNG esixe a Portos que se deixe de parches e acondicione dunha vez por todas os portos de Raxó e Covelo

Poio, 17 de xaneiro de 2021. O BNG califica de vergoña que Portos de Galiza continúe coa instalación de elementos que non resolven a inseguridade viaria de Raxó, e esixe a súa retirada inmediata. 

Neste sentido, o deputado do BNG Luís Bará insta a Portos de Galiza a adoptar "medidas efectivas" para mellorar a seguridade no peirao de Raxó. Tras expresar a súa sorpresa e o seu malestar, o BNG de Poio asegura que os elementos instalados son "totalmente insuficientes" e que xa lo trasladaron a Presidenta de Portos.

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, calificou de "burla aos veciños e veciñas" esta actuación, que en ningún caso impedirá posíbeis futuros accidentes.

De aí que o BNG inste á Xunta de Galiza a executar o convenio asinado en 2009 polo que se comprometía a rehabilitar os peiraos de Raxó e Covelo, cun investimento de máis de 3 millóns de euros e que, entre os seus beneficios, figura, precisamente, a mellora da seguridade peonil e viaria.

O BNG ven de presentar unha emenda aos orzamentos 2021 da Xunta para que se consigne orzamento para o acondicionamento dos Portos de Raxó e Covelo.

O BNG esixe a Portos que se deixe de parches e acondicione dunha vez por todas os portos de Raxó e Covelo