DESDE QUE ESTÁ O PP NO GOBERNO SOFREN UN NOTÁBEL DETERIORO

O BNG esixe o mantemento dos espazos verdes de Poio

O BNG esixe o mantemento dos espazos verdes de Poio

Poio, 14 de maio de 2024. O BNG de Poio  trasladou esta mañá na Comisión de Urbanismo as queixas da veciñanza da zona de Ankar en San Salvador, xa que existe un grande malestar entre a veciñanza e as persoas usuarias do parque polos desperfectos causados na contorna do parque tras a continua instalación de infraestruturas para a celebración de diferentes eventos. 

Dende o BNG “solicitámoslle ao Goberno Local máis control destas actividades nos espazos públicos”, xa que se lles debe esixir coidado e respeto dos espazos verdes e debe haber, por parte da administración municipal, un seguimento e control. A portavoz nacionalista  fixo fincapé en que “hai que esixirlle ás empresas o coidado do entorno”. Neste sentido instou ao goberno municipal a que lles esixa “facer fronte aos posíbeis desperfectos que poidan ocasionar no espazo público”.

Actualmente o espazo verde de Ankar sofre un claro abandono así como un importante deterioro provocado pola falta de seguimento e deixadez do goberno do Partido Popular no seu coidado e protección. É polo tanto necesario que o goberno municipal abandone a súa pasividade e proceda a rehabilitar esta zona.

A portavoz municipal, Marga Caldas, esixe do goberno municipal do PP “máis control das actividades privadas no espazo público, porque súa é a obriga de que estean nas mellores condicións posíbeis. E é evidente que coa entrada do Partido Popular no goberno de Poio os espazos verdes están abandonados, sen seguimento e sen mantemento”.

O BNG esixe o mantemento dos espazos verdes de Poio