O BNG denuncia que o alcalde de Valga cobrou máis de 6.000 euros en dietas por ocupar o posto de presidente dun órgano de goberno, que por lei non podía

Fran Devesa
Fran Devesa
O BNG denuncia que o alcalde de Valga cobrou máis de 6.000 euros en dietas por ocupar o posto de presidente dun órgano de goberno, que por lei non podía

Valga, 11 de decembro de 2025. O grupo municipal do BNG ten denunciado publicamente varias licitacións e contratacións públicas do Concello de Valga que incumpren a Lei de Contratos do Sector Público, feito que ten como consecuencia deficientes adxudicacións e execucións dos contratos de obras e/ou servizos. 

Dentro do noso labor fiscalizador, poidemos comprobar que as mesas de contratación do Concello de Valga incumprían sistematicamente a Lei de Contratos do Sector Público. 

O BNG considera un feito de extrema gravidade que, desde a entrada en vigor da lei no ano 2017, o órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de subministro, de servizos, os contratos de concesión de obras, os contratos de concesión de servizos e os contratos administrativos especiais do Concello de Valga incumprise a Lei. 

Só despois da denuncia pública realizada polo BNG de Valga, o goberno municipal modificou a composición das mesas de contratación, coa renuncia do propio alcalde a presidilas. 

O portavoz municipal do BNG, Fran Devesa dirixiuse en varias ocasións ao alcalde durante a celebración dos últimos plenos respecto deste asunto, mais o único que obtivo foi a calada como resposta. 

Estes comportamentos do alcalde non saen gratis ás veciñas e veciños de Valga, pois tan só no actual mandato, o alcalde embolsouse 6.615 euros a maiores do seu soldo por ocupar un posto que por lei non podía ocupar. 

O BNG denuncia que o alcalde de Valga cobrou máis de 6.000 euros en dietas por ocupar o posto de presidente dun órgano de goberno, que por lei non podía