O BNG denuncia graves demoras no servizo de correos en Soutomaior
Centos de veciños de Soutomaior están a recibir o correo con demoras de ata 10 ou 15 días. Trátase de retrasos no servizo que se están a producir de xeito continuado nos últimos tempos; e que teñen un especial impacto no núcleo urbano de Arcade, tal e como denuncia o portavoz Municipal do BNG, Fernando Herrero. Trátase dunha situación insostíbel na que varios empresarios afirman non poder cobrar os cheques cando contan con eles, ou non poder presentar as facturas necesarias para desgravar o IVE porque non chegan a destino en prazo.
O deterioro do servizo de correos é un chanzo máis no proceso de desmantelamento dos servizos públicos por parte do Partido Popular
Así mesmo, moitos veciños denuncian que estes problemas no servizo de correos teñen un importante impacto en moi diversos aspectos das súas vidas; dende subscricións que pagan e non poden disfrutan até avisos de recibos devoltos que están fóra de prazo.
Dende o BNG denunciamos que, a pesar do incremento de poboación no concello de Soutomaior, o servizo de correos conta co mesmo número de traballadores dende os anos 90. "É unha vergoña que dende a dirección da empresa pública Correos pensen que se pode realizar o mesmo servizo con 4000 habitantes que con 7000", así o denuncia o edil nacionalista Manu Lourenzo que sinala que isto é un chanzo máis no proceso de desmantelamento dos servizos públicos por parte do Partido Popular. Non se trata só de que non incrementen o número de traballadores, senón de que nin sequera cubran as baixas que se producen. Hai diñeiro para todo, agás para atender os servizos públicos dos veciños e veciñas
Dende o BNG advirten de que hai xa veciños e pequenos empresarios que están dispostos a presentar denuncias na oficina de consumo. Ante esta situación esixen que o Concello de Soutomaior tome cartas no asunto e inicie os trámites necesarios para paliar esta situación. Non é de recibo que no Partido Popular de Soutomaior se dediquen a aplaudir as actuacións do goberno, mentres desmantelan uns servizos públicos que tanto traballo custou construírsinala o edil Manu Lourenzo.Ante esta situación o BNG decidiu facer unha pregunta a este respecto no pleno.Tentaremos que por unha vez, o PP de Soutomaior se poña do lado dos veciños e non dos seus xefes do goberno sinala o portavoz municipal Fernando Herrero, que recalca que o Concello de Soutomaior debe poñerse en contacto canto antes coa dirección de Correos para que se resolva esta situación coa maior brevidade.