BARÁ ESIXE O CESE DO XEFE TERRITORIAL DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN

O BNG demanda restablecer a legalidade no colexio de Verducido

Luís-Bará-Comisión-O-(2)-copia
O BNG demanda restablecer a legalidade no colexio de Verducido

Pontevedra, 16 de novembro de 2020. O BNG quere darlle os parabéns á comunidade escolar da escola de Verducido polo logro que supón a readmisión no centro do alumnado de primeiro de primaria, que a consellaría de Educación, de maneira unilateral e irregular, decidira que debía ser escolarizado noutro centro educativo.

A sentenza do xulgado do contencioso-administrativo nº 1 de Pontevedra bota abaixo a decisión da Xunta, e supón un duro varapau para a administración educativa.

O deputado Luís Bará vén de presentar no Parlamento Galego unha serie de preguntas e unha Proposición Non de Lei na que se solicita que se restableza a legalidade no prazo máis breve posíbel e que se garanta o dereito a educación para o alumnado matriculado en primeiro de primaria da escola de Verducido. 

A maiores, a PNL pide:

  • que se recoñeza e apoie o proxecto educativo integrador e innovador da escola rural de Verducido
  • que, por parte da Xunta, se pida desculpas ás familias e á comunidade educativa. 
  • que se traballe conxuntamente con todas as partes para garantir a continuidade do primeiro ciclo de educación infantil en Verducido
  • que se investigue e depuren responsabilidades pola actuación irregular e pola vulneración de dereitos a que deu lugar.

Desde o BNG pensamos unha actuación desta gravidade por parte da Xunta merecería o cese do Xefe Territorial da consellaría de Educación ou a súa dimisión.

O BNG demanda restablecer a legalidade no colexio de Verducido