O BNG congratúlase da absolución dos tres sindicalistas
O BNG, a través do seu portavoz nacional, Guillerme Vázquez, expresou hoxe os nosos parabéns aos tres sindicalistas absoltos esta mañá pola Audiencia de Pontevedra da sentenza xudicial que os condeaba a tres anos de cárcere por defenderen os dereitos dos traballadores e traballadoras.
Guillerme Vázquez, que acompañou esta mañá aos sindicalistas, declarou que o BNG congratúlase por esta decisión xudicial e parabeniza ás forzas sindicais.
Ademais, o portavoz nacional do BNG pediu que esta sentenza da Audiencia de Pontevedra sente un precedente para que se deixe de criminalizar a defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras e, en definitiva, a defensa dos dereitos democráticos máis esenciais.