O BNG califica de escándalo medioambiental que a Xunta deixara caducar o expediente de extinción da central do Inferno

96fb0582-33f7-44ab-a72b-1dfad97141b3
O BNG califica de escándalo medioambiental que a Xunta deixara caducar o expediente de extinción da central do Inferno

Soutomaior, 10 de decembro de 2020. O grupo municipal do BNG de Soutomaior ven de calificar como “escándalo medioambiental” o feito de que a Xunta deixase caducar o expediente de extinción da central do Inferno. Este salto, que ten un importante impacto ecolóxico nos ríos Verdugos e Oitavén, afecta tamén aos bancos marisqueiros do fondo da ría de Vigo que dan de comer a máis de 200 familias en Soutomaior. Os nacionalistas destacaron que esixirán responsabilidades tanto no Parlamento Galego como no Pleno Municipal de Soutomaior.

O Plan Hidrolóxico de Galiza establecía que a concesión deste salto para a explotacíon hidroeléctrica finalizaba no ano 2017. A pesar de que o BNG rexistrara iniciativas no parlamento galego para esixir que se informase sobre cal era o estado dos trámites de extinción desta central, a Xunta nin sequera contestou estes requirimentos, e deixou caducar este expediente de extinción.

O BNG levará ao Pleno de Soutomaior e ao Parlamento Galego a escandalosa decisión da Xunta do PP de deixar caducar o expediente de extinción da central do Inferno

O portavoz municipal e deputado do BNG Manu Lourenzo, sinalou que “é un absoluto escándalo que o Partido Popular deixase caducar este expediente de extinción. Con esta maniobra, turbia coma poucas, o PP beneficia con alevosía unha empresa que segue turbinando de xeito fraudulento. Fano, a pesar que saben perfectamente que isto ten consecuencias tremendamente prexudiciais para a nosa riqueza ambiental e para aos bancos marisqueiros”.

Dende o BNG, destacamos tamén que “o modus operandi do PP xa nos resulta familiar, o mesmo día que o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera, asinaba un documento para a recuperación do Verdugo, o seu partido facía o contrario e deixaba caducar o expediente. E o mesmo xogo de confusión que nos impoñen coa sanidade de Soutomaior pero afortunadamente, xa non enganan a ninguén.

Manu Lourenzo destacou finalmente que esta central nin crea enerxía de calidade nin dá postos de traballo, tan só dá beneficios aos de sempre pero o Partido Popular unha vez máis antepón a súa política de portas xiratorias, á defensa do medio ambiente e dos nosos mariñeiros.

O BNG califica de escándalo medioambiental que a Xunta deixara caducar o expediente de extinción da central do Inferno