O BNG acusa ao goberno galego de discriminar aos veciños e veciñas de Poio
O BNG demanda da Xunta que abandone o seu sectarismo político e acometa dunha vez por todas unha actuación integral de urbanización da PO-308 na parroquia de San Salvador
Poio, 18 de xaneiro de 2022. O BNG leva anos demandando da Xunta de Galiza a urbanización da PO-308 ao seu paso por Poio, facilitando a mobilidade peonil e ciclista e mellorando a seguranza viaria en todo o traxecto, sen que desde a Xunta de Galiza se dignasen a atender unha demanda amplamente secundada polo vecindario e a corporación municipal.
Pola contra, no día de onte, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez si asinou un convenio co alcalde de Sanxenxo para a humanización da PO-308 ao seu paso por Portonovo, mostrando máis unha vez a doble vara de medir e o sectarismo político da Xunta do PP.
A responsábel local do BNG, Marga Caldas, instou á Xunta a deixar de lado tanto sectarismo e a comprometerse a actuar nos nucleos polos que transcurre a PO-308 en Poio, e dun xeito especial na parroquia de San Salvador onde debe deixar de ser unha perigosa estrada de paso par converterse nunha rúa onde poidan convivir peatóns e vehículos segundo as directrices de mobilidade sustentábel que se están a poñer en marcha en todo o Concello.
“A travesía da Barca e Andurique -lembrou a responsábel nacionalista- é un treito plenamente urbano, con moita actividade residencial, comercial, hosteleira e de servizos en xeral, no que son frecuentes os accidentes e especialmente os atropelos de peóns”.
Marga Caldas “Os veciños e veciñas de Poio non merecen que a Xunta os trate como cidadáns de segunda, e desde o Concello e desde o Parlamento galego, o BNG seguirá traballando para que a PO-308 deixe de ser a vía de paso que é hoxe para converterse nun lugar con calidade urbana e seguridade para as persoas"
Malia ser unha zona plenamente urbana, a PO 308 ten nesta zona características de estrada de paso, cun tráfico moi intenso e con moitas deficiencias en materia de seguridade, accesibilidade e comodidade para as persoas que se desprazan a pé. “Xa é hora de que a Xunta de Galiza deixe de desentenderse deste treito da vía, corrixa todas estas eivas e riscos e leve a cabo un proxecto de urbanización desta avenida, que permita calmar o tráfico, darlle un tratamento urbano na ordenación do espazo público, dotación de mobiliario, alumeado e cumprimento de estándares de accesibilidade e seguridade para todas as persoas”. Compre, en definitiva de levar a cabo unha actuación integral de urbanización.
“Os veciños e veciñas de Poio non merecen que a Xunta os trate como cidadáns de segunda, e desde o Concello e desde o Parlamento galego, o BNG seguirá traballando para que a PO-308 deixe de ser a vía de paso que é hoxe para converterse nun lugar con calidade urbana e seguridade para as persoas, tal e como reivindicamos os veciños e veciñas e o goberno municipal de Poio”, afirmou a portavoz nacionalista.