O BNG acada un acordo para dotar de ordenadores ao estudantado de Soutomaior
Soutomaior, 30 de marzo de 2021. O pleno de Soutomaior debateu a iniciativa rexistrada polo grupo municipal do BNG para dotar de ordenadores e equipos informáticos ás familias necesitadas de Soutomaior.
Na defensa da iniciativa, o portavoz do BNG Manu Lourenzo sinalou que a pandemia está a deixar ao descuberto dúas grandes fendas na veciñanza de Soutomaior. A fenda salarial e a fenda dixital. Está claro que a pandemia non afecta igual á xente con recursos que á xente que non os ten. A pandemia está a facer que os ordenadores e os equipos dixitais sexan unha ferramenta imprescindíbel para a evolución educativa das nosas mozas e mozos. Como administración non podemos permitirnos que por falta de recursos ningún neno nin ningunha nena de Soutomaior quede atrás.
A iniciativa do BNG contemplaba unha partida inicial de 60.000, partida que o Partido Popular propuxo fixar en 20.000. A este respecto Manu Lourenzo sinalou que podemos chegar a un acordo coas cantidades se o goberno local se compromete a incrementar as partidas se a demanda así o esixe e a facer unhas bases amplas para que ninguén que o precise fique sen uns equipos informáticos que son máis necesarios ca nunca para os nosos mozos e mozas. Concluíu