"Ben Veñas Maio" continuará impulsando o uso do galego entre a mocidade pontevedresa

"Ben Veñas Maio" continuará impulsando o uso do galego entre a mocidade pontevedresa

Pontevedra, 26 de marzo de 2025. Dentro das actividades promovidas e realizadas pola área de Normalización lingüística do Concello de Pontevedra, o certame Ben Veñas Maio aparece como unha entidade con nome de seu. Trátase dun certame dirixido ao alumnado dos centros públicos de secundaria, bacharelato e ciclos formativos do municipio que leva máis de dúas décadas promovendo o uso do galego entre a mocidade.

O Concello de Pontevedra repartirá un total de 3.750 euros nesta edición a través das distintas categorías que integran o Ben Veñas Maio. O prazo para presentar os traballos rematará o 20 de abril e a entrega de premios, así como a celebración do clásico certame musical, acontecerá o vindeiro 10 de maio, no auditorio do Pazo da Cultura. Compre lembrar e sinalar que esta actividade ten a súa orixe nos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros públicos de ensino secundario do concello.

O Ben Veñas Maio estará composto neste 2025 polos mesmos certames ou categorías que se veñen facendo ao longo dos últimos anos, destacando a de Tik-Tok, xa completamente establecida dentro do programa. Así, a continuación aparecen os distintos certames.

  • IV Certame de Vídeos de Tik Tok e Reels de Instagram Ben Veñas, Maio
  • XXIV Certame Musical Ben Veñas, Maio
  • IX Certame de Curtametraxes Ben Veñas, Maio
  • XXIV Certame de Fotografía Ben Veñas, Maio
  • XXXII Certame de Banda Deseñada Ben Veñas, Maio
  • XXXII Certame de Narración Curta Ben Veñas, Maio
  • XXIV Certame de Poesía Ben Veñas, Maio
"Ben Veñas Maio" continuará impulsando o uso do galego entre a mocidade pontevedresa