O OBXECTIVO É EVITAR PERDAS E MELLORAR O SERVIZO
Barro inviste perto de 28000 euros en mellorar o depósito principal de auga
Barro, 25 de maio de 2021. O goberno municipal de Barro vai actuar no depósito principal de auga da traída municipal para aumentar a eficiencia do servizo e evitar perdas de auga.
Non é a primeira vez que o goberno municipal que encabeza Abraldes actúa para mellorar o servizo de auga municipal. Así, no ano 2018 executouse un proxecto por importe de case de 23.000 euros para mellorar a eficiencia e evitar perdas de auga no depósito de distribución. Nesta liña de mellorar as infraestruturas que garantizan a auga notabel, o Concello de Barro vai actuar sobre o depósito principal, un depósito con paredes de formigón e capacidade para 2.000.000 de litros que, na actualidade, presenta lixeiras perdas de auga que se poden corrixir cun tratamento especializado.
A actuación no depósito principal axudará a paliar os posíbeis problemas que futuras secas
Esta actuación, que ten un orzamento de case 28.000 euros consistirá na limpeza do interior do depósito, na reparación e selado de fendas estruturais e na impermeabilización tanto das paredes interiores como do fondo do mesmo, ademais do pintado das paredes exteriores.
Para o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdz. Abraldes trátase “dunha actuación moi necesaria para mellorar este servizo e coa que queremos coidar deste ben tan necesario”. Ademais, o rexedor municipal afirma que esta mellora “será fundamental para axudar a paliar os problemas que futuras secas poidan ocasionar nos meses de verán”.