O CONCELLO SACARÁ A CONCURSO A REDACCIÓN DO PROXECTO DA SÚA DEPURADORA CENTRAL

Barro dá novos pasos para estender o saneamento a todo o concello

dav
Terros nos que se instalará a nova EDAR
Barro dá novos pasos para estender o saneamento a todo o concello

Barro, 15 de marzo de 2021. O Goberno municipal de Barro vai sacar a concurso a redacción do proxecto da nova Estación de tratamento de augas residuais (EDAR) que vai servir para chegar co servizo do saneamento a todas as parroquias do concello. A elaboración deste proxecto sairá a contratación nos vindeiros meses e terá un orzamento de 50.000 euros

A construción desta nova depuradora é fundamental para ampliar este servizo do que, hoxe en día, ademais dos veciños e veciñas do núcleo urbano, só pode desfrutar a veciñanza de poucos lugares do concello.

Para o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdz. Abraldes, esta infraestrutura “é imprescindible para poder chegar con este servizo tan importante a todas as parroquias”. Un servizo no que Abraldes leva traballando desde que é alcalde: “Cando cheguei á Alcaldía o primeiro que fixemos foi encargar un estudo técnico para ver como resolver a carencia deste servizo na maior parte do concello e para que nos propuxeran posíbeis localizacións para unha depuradora central e ver as distintas solucións técnicas para levar o saneamento a todos os lugares”.

Hai dous anos o alcalde asinaba a compra por valor de 53.000 euros dunha parcela no lugar do Carballal de máis de 7.000 m2 para albergar esta EDAR moderna para dar servizo a todo o Concello e que, ademais, poida ter capacidade para máis vivendas das actuais, pensando na posibilidade de crecemento a longo prazo do municipio.

A localización da parcela adquirida polo Concello, no lugar do Carballal, a carón da N-550 e na parte central do Concello, responde aos criterios técnicos necesarios para un equipamento destas características e conta co informe favorábel de Augas de Galicia.

Nunha primeira fase, esta nova EDAR servirá para dar servizo a todo o núcleo, pois a depuradora existente nesa zona está ao límite da súa capacidade, e ao mesmo tempo ás parroquias de Agudelo, Valiñas, Barro e Perdecanai. 

O Obxectivo do Goberno municipal será, que unha vez realizado o proxecto e ter calculado o valor da infraestrutura, buscar apoio financeiro doutras administracións para que sexa unha realidade o antes posíbel.

Barro dá novos pasos para estender o saneamento a todo o concello