Barro concede licenza para a construcción do Centro logístico de Distribución de Froiz

Parcela Froiz
Parcela Froiz
Barro concede licenza para a construcción do Centro logístico de Distribución de Froiz

Barro, 23 de setembro de 2021. A Xunta de Goberno do concello de Barro vén de conceder licenza a Distribuciones Froiz S.A.U. para a construción do seu Centro Loxístico de Distribución no polígono de Outeda.

Froiz vai executar a construción do seu centro loxístico en Barro e contará cunha superficie de 24.124,5 m2  sobre unha parcela de 44.826,93 m2.  Este proxecto conta cun orzamento de 5.738.134,47 euros. 

O feito de que unha empresa punteira como é Froiz asente aquí a súa central de distribución consolida o carácter do polígono de Outeda como referencia no sector e seguro que esperta interese para o asentamento de novas empresas do sector da alimentación e dos servizos neste parque industrial.

A construción destas novas intalacións, nas que poderán chegar a traballar máis de 500 persoas, é algo que dá moita satisfacción ao Goberno municipal, así como tamén ver que os polígnos de Barro se van ocupando e consolidando con empresas dos sectores da alimentación, dos servizos e enerxías renovábeis.

O alcalde, Xosé Manuel Fdez. Abraldes, afirma que “desde o concello damos todas as facilidades posíbeis ás empresas que se queren asentar en Barro e axilizamos ao máximo os trámites administrativos para que a súa implantación sexa unha realidade o máis pronto posíbel” e asegura sentirse “moi satisfeito de ver como os nosos polígonos se van enchendo de forma tan rápida e con empresas punteiras nos seus sectores”. 

 

Barro concede licenza para a construcción do Centro logístico de Distribución de Froiz