Barro cédelle á consellaría de Sanidade os terreos para a construción do novo centro de saúde, cos votos en contra do PP
Barro, 25 de novembro de 2021. O Pleno da corporación municipal de Barro aprobou a cesión dunha parcela de 400 m2 no lugar do Santo antoniño á Consellería de Sanidade para a construción dun novo centro de saúde.
Estes terreos xa estaban reservados polo anterior goberno municipal no planeamento urbanístico para a construción deste tipo de equipamentos sanitarios e, agora, unha vez que os servizos técnicos da Consellaría de Sanidade lle deron o seu visto bo, o goberno municipal acelerou todos os trámites urbanísticos para conseguir que esta cesión fose unha realidade poucos meses despois da visita do persoal técnico da Consellaría.
O novo centro de saúde de Barro pasará de ter pouco máis de 300 metros cadrados a un total de 800 metros cadrados e contará con oito salas para consultas, enfermería e tomas de mostras
O Goberno municiapal xa leva tempo traballando para conseguir que Barro teña un centro de saúde digno e que dea un servizo de calidade a toda a veciñanza. Ese traballo que se veu realizando nos últimos tempos deu como consecuencia que, unha vez que o alcalde recibiu a carta do conselleiro solicitando os terreos, estes puideron ser postos a disposición da Consellaría só un par de semanas despois.
A cesión do terreos foi aprobada cos votos a favor do BNG e do PSOE, e cos votos en contra do PP. Curiosamente, o PP tiña como principal promesa electoral no 2019 construir o centro de saúde nos mesmos terreos que o Concello vén de cederlle á consellaría cos seus votos en contra.
O PP vota en contra a pesar de que era a súa principal promesa electoral en 2019
Con esta nova construción o centro de saúde de Barro pasará de ter pouco máis de 300 metros cadrados a un total de 800 metros cadrados e contará con oito salas para consultas, enfermería e tomas de mostras.