O CEIP de Marcón e o CPR Sagrado Corazón de Praceres acadan o 1o premio ex aequo dos VI Premios Ernestina Otero Sestelo na categoría de Educación Infantil e Primara; o IES Luis Seoane, é o gañador na de Educación Secundaria

Anabel Gulías na entrega dos premios Ernestina Otero
Anabel Gulías na entrega dos premios Ernestina Otero
O CEIP de Marcón e o CPR Sagrado Corazón de Praceres acadan o 1o premio ex aequo dos VI Premios Ernestina Otero Sestelo na categoría de Educación Infantil e Primara; o IES Luis Seoane, é o gañador na de Educación Secundaria

Pontevedra, 12 de marzo de 2025. O Teatro Principal acolleu o martes, 12 de marzo, o acto de revelación e entrega dos VI Premios Ernestina Otero Sestelo, que promove o Concello de Pontevedra para poñer en valor proxectos innovadores e relevantes na incorporación da perspectiva de xénero nos centros educativos non universitarios de Pontevedra, para, en palabras da concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, “celebrar o compromiso coa igualdade de xénero no ensino”. 

Gulías lembrou que un dos obxectivos prioritarios do Concello é promover a igualdade entre homes e mulleres, sendo unha peza crave nesta aposta “o compromiso da comunidade educativa. xa que resulta fundamental traballar a perspectiva de xénero coa poboación máis nova”. Neste marco os Premios Ernestina Otero son un referente consolidado, o recoñecemento de proxectos innovadores, de boas prácticas e de modelos para futuras iniciativas educativas en materia de igualdade exportables aos distintos centros educativos. 

Os galardóns buscan poñer en valor proxectos innovadores na incorporación da perspectiva de xénero nos centros nos centros educativos

Os galardóns tamén son unha homenaxe a figura de Ernestina Otero Sestelo, quen como lembrou a concelleira Anabel Gulías foi “unha mestra que traballou incansablemente por mellorar a calidade do ensino e, sobre todo, por estendelo a toda a poboación, moi especialmente ás nenas”. Unha peza audiovisual ilustrou a descrición da senlleira mestra. 

De seguido, deu paso á entrega dos premios, que foron recollidos polos protagonistas dos traballos: o alumnado dos centros seleccionados. 

Os premios entregados nas dúas categorías do certame - unha distingue os traballos realizados en colexios de Educación Infantil e Primaria e outra para os promovidos en centros de ensino de Secundaria e postobrigatoria non universitaria- foron outorgados coa unanimidade do xurado. 

Na categoría de Educación Infantil, o primeiro premio recaeu Ex aequo no CEIP de Marcón polo proxecto Microcurtas pola igualdade e a non violencia e ao CPR Sagrado Corazón dos Praceres polo proxecto A perspectiva de xénero e a igualdade de oportunidades nos ambientes e nas estacións de aprendizaxe 

No caso do Colexio de Marcón, o xurado tivo en conta “a alta colaboración coa ANPA e a difusión do proxecto na parroquia e a posta en valor da riqueza da lingua oral con perspectiva de xénero na comunicación”. Polo que respecta ao centro dos Praceres, os membros cualificadores destacaron “a aplicación dunha metodoloxía innovadora, a transversalidade no proxecto e a perspectiva de mantemento no tempo”. 

O segundo premio recaeu no CEIP San Martiño de Salcedo polos seus proxectos Aladina e Radio en feminino. O xurado xustifica a decisión “pola calidade de ambas as propostas, a implicación de todo alumnado e o comunidade educativa e planificación de actividades ao longo do curso”. 

Polo que respecta á categoría de centros de Secundaria o primeiro premio foi para o IES Luis Seoane polo proxecto A igualdade a través da Radio Seoane no Aire. O xurado destaca neste outorgamento “a realización de actividades de impacto no centro educativo ao longo de todo o curso e a integración plena da perspectiva feminista na transversalidade do proxecto educativo do centro”. 

O segundo premio foi Ex aequo para o IES Torrente Ballester polo proxecto Educando en Igualdade e para o IES Valle Inclán por Recollendo o relevo. O xurado valorou no primeiro instituto “a metodoloxía científica aplicada á investigación sobre a igualdade de xénero no contexto educativo e familiar”. No segundo instituto, tivéronse en conta “a busca de referentes inter-xeneracionais na contorna do alumnado do centro e análise dos avances realizados en materia de igualdade”. 

O broche do acto estivo a cargo da compañía "Trémola Teatro" coa actuación do contacontos teatralizado O mundo ao revés. 

O CEIP de Marcón e o CPR Sagrado Corazón de Praceres acadan o 1o premio ex aequo dos VI Premios Ernestina Otero Sestelo na categoría de Educación Infantil e Primara; o IES Luis Seoane, é o gañador na de Educación Secundaria