Avanzan as negociacións para converter en realidade a nova EDAR de Arcade

Reunion Manu Lourenzo e Roi Fernandez
Reunion Manu Lourenzo e Roi Fernandez
Avanzan as negociacións para converter en realidade a nova EDAR de Arcade

Soutomaior, 23 de abril de 2026. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a interventora do concello, María Jesús Rodríguez, mantiveron unha reunión co Director de Augas de Galza, Roi Fernández, en Santiago, co obxectivo de sacar adiante a nova EDAR de Arcade. 

Dende o concello, o alcalde, quixo esta mañá agradecer o esforzo que se está realizando para sacar adiante este proxecto e a boa sintonía que hai, en relación a esta importante infraestrutura con Augas de Galiza. 

O alcalde, Manu Lourenzo, lembrou hoxe que “dende que entramos no Goberno tivemos como obxectivo clave desatascar un proxecto que levaba moito tempo parado e que para nós é unha prioridade. Agradezo a boa disposición de Augas de Galiza. Cremos que estamos no camiño correcto para devolver á Ría de Vigo o bo estado ambiental que nunca debeu perder. Unha Ría que, cómpre lembrar, é o motor económico e de sustento de centos de familia no noso concello. É por isto que o noso labor é dar resposta e actuar para que Arcade teña a nova EDAR canto antes”. 

Avanzan as negociacións para converter en realidade a nova EDAR de Arcade