O alcalde de Alzira sobre Pontevedra: "Lograstes cambiar as prioridades, recuperando a cidade para as persoas"

Visita alcald de Alzira
Visita alcald de Alzira
O alcalde de Alzira sobre Pontevedra: "Lograstes cambiar as prioridades, recuperando a cidade para as persoas"

Pontevedra, 22 de outubro de 2025. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu hoxe a visita do alcalde de Alzira (Valencia, 49.000 habitantes), Alfons Domínguez (Compromís), acompañado por dous concelleiros e tres técnicos municipais. A comitiva valenciana amosou o seu interese en coñecer en profundidade o modelo urbano de Pontevedra co obxectivo de mellorar a calidade urbana da súa cidade e da súa veciñanza. 

A visita prodúcese aproveitando unha viaxe á Coruña, onde se celebra o terceiro foro de axenda urbana. Os visitantes estiveron en Pontevedra desde a noite anterior, gozando da gastronomía e paseando pola zona. Durante a mañá, reuníronse con Lores e tamén co director xeral de Protección Cidadá, Daniel Macenlle, para afondar no modelo. 

A Prioridade das persoas como logro fundamental 

O alcalde de Alzira, Alfons Domínguez, subliñou que Pontevedra é unha "referencia a nivel europeo" e que levaban tempo, desde o principio do mandato, querendo coñecer a súa evolución. Domínguez recoñeceu que Alzira xa se fixeron algúns inicios de peonalización, buscando pór en marcha máis "plataformas únicas”. 

O que máis chamou a atención a Domínguez é que o éxito de Pontevedra non reside na prohibición, senón en que a prioridade cambiou, recuperando a cidade para as persoas. Destacou que a xente asumiu este cambio como propio, o cal é “importantísimo". 

Entre as vantaxes, mencionou o feito de non ver coches aparcados, o que considera unha "gran vantaxe, unha gran batalla gañada". Así mesmo, valorou que os vehículos que entran deben circular á "velocidade do peón”. 

Domínguez afirmou que o espazo urbano debe ser para vivir as persoas, atraendo especialmente aos mozos. Subliñou que se busca volver "vivir as rúas" e que a cidade debe ser adaptada fundamentalmente para os nenos e para os maiores, sendo desta maneira adaptada para todo o mundo 

O alcalde de Alzira sobre Pontevedra: "Lograstes cambiar as prioridades, recuperando a cidade para as persoas"