Adxudicado o novo vial entre Valbón e Santo Antoniño
11-12-2023. O Goberno Munipal de Barro vén de axdudicar o proxecto do novo vial que unirá os núcleos de Valbón e do Santo Antoniño a través da ponte existente na zona traseira do tanatorio. Este proxecto consistirá na execución dun novo vial e da súa total urbanización, con servizos, alumeado e sendas peonís.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, valorou este proxecto, no que se leva moito tempo traballando, como “unha actuación moi necesaria que permitirá conectar Valbón e Santo Antoniño, mellorando notablemente a comunicación entre estes dous núcleos e entre o núcleo urbano e o Camiño de Santiago”.
Ademais das melloras de comunicación e de acceso ao núcleo de Valbón, o alcalde tamén destacou que “esta obra vainos permitir chegar co servizo de saneamento a todo o lugar de Valbón de forma inmediata, xa que o poderemos conectar coa depuradora”.