A OBRA MELLORARÁ RADICALMENTE A RÚA
Adxudicada a reforma integral da rúa Santiña
O Concello de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do proxecto de reforma urbana da rúa da Santiña, á empresa Civis Global, por un importe de 1.811.898,17 euros.
«Agora requeriráselle á empresa toda a documentación necesaria, polo que agardemos quede o camiño despexado para que a finais de ano quede asinada a acta e, a principios do ano que vén, poidamos ver iniciada a reforma da Santiña», sinalou o César Mosquera.
A reforma desta rúa mudará a contorna dos 800 metros que mide este vial, modernizando o lugar, renovando todos os servizos, e dándolle un carácter de preferencia peonil.