Abraldes satisfeito ao comprobar que o proxecto de orzamentos da Xunta prevé o inicio das obras da nova EDAR de Barro para 2025

Abraldes reunido con Augas de Galiza
Abraldes reunido con Augas de Galiza
Abraldes satisfeito ao comprobar que o proxecto de orzamentos da Xunta prevé o inicio das obras da nova EDAR de Barro para 2025

Barro, 22 de outubro de 2024. A nova Estación de Depuración de Augas Residuais de Barro pronto será unha realidade. Así o confirma o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, despois da conversa co Director de Augas de Galiza, Fernández Añón, e de comprobar como a Xunta inclúe nos seus orzamentos a previsión de gasto de 3.115.000 euros para executar a EDAR de Barro entre os anos 2025 e 2026. No ano 2025 o investimento será de 469.533 euros e os restantes 2.645.467 euros no exercicio de 2026. 

Abraldes mostrouse moi satisfeito e indicou que “isto é un grandísimo paso para o noso o concello, tanto para o Barro de hoxe como para o do futuro”. O alcalde tamén quixo destacar que detrás desta boa nova para Barro está “o traballo rigoroso e serio, a planificación, o ter os deberes feitos e ter claros cales son os investimentos estratéxicos para o noso concello”. 

O concello de Barro foi dando pasos e realizando xestións fundamentais durante os últimos anos. Primeiro elaborou un estudo técnico para escoller e determinar a mellor localización posible para este tipo de instalacións, baseándose na orografía e situación dos núcleos de poboación; despois comprou a parcela e a continuación elaborou o proxecto de construción e xestionou os permisos sectoriais. Unha vez que tivo os deberes feitos, solicitou o financiamento na Consellería de Medio Ambiente e en Augas de Galicia e, agora, a nova EDAR de Barro pronto será unha realidade. 

A nova EDAR de Barro permitirá chegar co saneamento a todas as parroquias, terá capacidade para 3.000 habitantes e poderase ampliar até os 4.500 con facilidade o día que sexa preciso. 

Abraldes satisfeito ao comprobar que o proxecto de orzamentos da Xunta prevé o inicio das obras da nova EDAR de Barro para 2025