Abraldes: "Presentamos un equipo solvente e capaz para construír o Barro do futuro"

Abraldes: "Presentamos un equipo solvente e capaz para construír o Barro do futuro"

barro-CANDIDATURA480x320Barro, 13 de febreiro de 2015. O Concello de Barro segue gobernado como nos anos 70 do século pasado, sen unha visión de futuro, sen unha mínima planificación de cara onde se quere ir e sen atender as necesidades  básicas dunha sociedade moderna e dinámica.

As chapuzas, os despilfarros e as mentiras foron os sinais de identidade do PP ao longo destes 32 anos. Un mal goberno que acabamos pagando todos os veciños e veciñas. Somos un Concello de primeira á hora de pagar impostos e un de terceira á hora de contar cos servizos necesarios.

Chapuzas, despilfarros e mentiras: sinais de identidade do PP

Rachar con esta situación de parálise e de falta de expectativas faise imprescindíbel. E para iso se presenta o BNG, cuns obxectivos claros e co aval do noso traballo político, social e institucional durante todos estes anos. Estes obxectivos son:

Devolverlle o Concello ao Pobo, que a xente de Barro sexa a PROTAGONISTA. O BNG promoverá a participación da veciñanza na vida municipal, xa que esta participación é fundamental para a transformación do concello. Os veciños e veciñas teñen que ser os verdadeiros protagonistas. Escoitar, Dialogar e Consensuar serán elementos centrais da nosa acción de goberno.

Facer unha xestión eficaz dos recursos públicos, rematando co despilfarro do PP.  Somos conscientes que o diñeiro é dos veciños e veciñas de Barro e ten que revertir na mellora da súa calidade de vida.

Aproveitar a inmellorábel situación xeográfica do noso Concello para dinamizar a vida social e a economía, facilitando a creación de emprego.

Para lograr estes obxectivos o BNG presenta unha candidatura solvente, con capacidade, e ilusionada, froito do proceso de Asembleas Abertas que nos servíu para que moitas persoas preocupadas pola situación do Concello se incorporasen ao noso proxecto.

Trátase dun equipo coesionado, con capacidade de diálogo e de traballo, no que máis de un tercio son novas incorporacións. Na candidatura hai xente xubilada e xente nova, xente con traballo e xente no paro, xente toda ela cunha intensa actividade social e compromiso cos veciños, xente que participa das directivas das Xuntas de Montes, do asociacionismo cultural, de clubes deportivos, das plataformas reivindicativas, … un reflexo do máis dinámico da nosa sociedade.

CANDIDATURA:

  1. Xosé Manuel Fernandez Abraldes (parroquia de Perdecanai)
  2. Roberto Rivas Reboredo (parroquia de Valiñas)
  3. Amelia Cancela Cancela (parroquia de A Portela)
  4. Antonio Giraldez Outeda (parroquia de Curro)
  5. Rosa Rodriguez González (parroquia de Barro)
  6. Adrián Silva Magdalena (parroquia de A Portela)
  7. Iván Bello Ferreiro (parroquia de Barro)
  8. Rocío Martinez Sartal (parroquia de Curro)
  9. Roberto Beade Freaza (parroquia de Agudelo)
  10. Paula Gómez Calvo (parroquia de Barro)
  11. María Xesús Castro Calviño (parroquia de A Portela)
  12. Alberto Maquieira Villar (Sana Antoniño)
  13. Santiago Pazos Ucha (parroquia de Perdecanai)
  14. Laura Sánchez García (parroquia de Agudelo)
  15. Luis Javier Vila Piñeiro (parroquia de Perdecanai)
  16. Ana Roma Agraso (parroquia de Curro)
  17. Marisela Abal Seijo (parroquia de Agudelo)
  18. Juan Outeda García (parroquia de Curro)
  19. Jesús Romay Méndez (parroquia de Agudelo)
  20. María Outón Fernandez (parroquia de A Portela)
  21. Licesio Fontán Abal (parroquia de Agudelo)

Abraldes: "Presentamos un equipo solvente e capaz para construír o Barro do futuro"