Abraldes destaca o potencial de mercado de solares da SAREB en Barro tras a reunión con Hipogés

Reunión do alcalde cos responsábeis da SAREB
Reunión do alcalde cos responsábeis da SAREB
Abraldes destaca o potencial de mercado de solares da SAREB en Barro tras a reunión con Hipogés

Barro, 5 de febreiro de 2025. O alcalde de Barro, Fernández Abraldes, recibiu a visita dos responsables de Hipogés, a entidade encargada de comercializar os activos inmobiliarios de procedencia bancaria que ten a SAREB, e que en Barro posúe numerosos solares destinados a vivendas unifamiliares e edificios no núcleo urbano de Santo Antoniño. 

Abraldes fixo unha valoración moi positiva do resultado deste encontro “tanto o concello como Hipogés e a SAREB somos conscientes da demanda de vivenda que hai en Barro e da necesidade de incorporar ao mercado estes solares que teñen un gran potencial polo seu atractivo”. 

No encontro, o alcalde informoulles da situación urbanística dos distintos terreos que a SAREB ten en propiedade no núcleo urbano do Santo Antoniño e analizaron as posibilidades de construción que ten cada un deles. 

Os terreos situados na zona chamada SUR-1, destinados a vivendas unifamiliares, contan xa cunha urbanización moi avanzada e teñen a posibilidade de edificar de forma inmediata. Outra grande parte dos solares que posúe a SAREB en Barro están no denominado SUR-2, e son terreos destinados a 44 vivendas unifamiliares e tres edificios colectivos de 66 vivendas en total, e que a entidade que os adquira para construír tería que facerse cargo da urbanización. 

Na reunión co alcalde participaron, Carlos Suárez, director territorial de Hipogés, xunto con outros responsables da entidade, quen mostraron a súa satisfacción tanto polas indicacións como pola colaboración do concello e manifestaron o gran potencial de mercado que lle vían aos distintos solares en Barro. 

Abraldes destaca o potencial de mercado de solares da SAREB en Barro tras a reunión con Hipogés